Paseo de domingo. Xa rematou o verán, está claro. As últimas uvas que quedan nas vides dan paso aos primeiriños cogomelos. A quentura que se rende á humidade. Mellor o describiu Otero Pedrayo no conto "O fidalgo" incluído no seu libro
Contos do camiño e da rúa: "(...) O grande sol outonizo vén render preitesía na porta ó viño poderoso, novo, pechado nas panzas disformes."
Aí quedou unha "mentira" que escapou da tesoira letal
Non dan para un revolto pero véselles con ganas de saír, arrexuntadas con medo.
A fauna tamén se deixou ver, pouco pero suficiente:
... un paporrubio destemido...
...e unha libélula descoidada.