De paseo na procura de alimento.
Bebendo fronte a unha gaivota chorona.
Fronte a fronte. Apréciase mellor o tamaño.
Pero tamén puidemos ver unha píllara solitaria, entre lavancos, garzas, gaivotas e mazaricos. Despois de ollala polo miúdo, parécenos unha areeira nova:
Das píllaras xa falou Manuel Murguía no seu libriño Dende o ceo (publicado por A Nosa Terra), onde dicía:
"As
gaivotas e as píllaras, especie de pequenas pombas que moran nas ondas
mesturando cos xemidos do vello Océano os seus arrolos de amor, voaban a rentes
da auga e unían os seus agoreiros chíos a eses cen gritos que semellan saudar á
tempestade que se adianta e que, a imitación dos crescendo de Rossini, se
desata nas cen harmonías da natureza."