domingo, 7 de maio de 2017

Espinilla


Velaquí está o novo membro da nosa familia animal, de momento bautizado como Espinilla. Pasou a mañá do sábado corricando polo xardín, con abraiante confianza; paraba de cando en vez fozando na procura dalgún verme; aínda que sabemos que o seu manxar preferido é a comida dos gatos. Non sabemos como logrou entrar; deixamos a cancela algo aberta por se quería saír, como así foi. Vímolo marchar ás carreiras cara ás leiras próximas.