De novo en Quiroga, o día 13 de febreiro, durante un paseo Manu viu pero non logrou fotografar estes paxaros; as imaxes que ilustran o animal son do ano pasado:
32. Peto real (Dendrocopos major): non son moi claras pero é tan difícil sacarlle unha boa foto a un peto!
33. Paporrubio real (Pyrrbula pyrrbula): a visión deste paxaro non deixa indiferente, ten o papo tan, tan rubio que asombra. E tampouco é doado fotografalo, nin abunda tanto como o común, ou polo menos déixase ver pouco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario