67. Andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupetris): aínda que é unha andoriña, fisicamente non é moi semellante á común, aínda que si o é en canto a comportamento, vede senón como tamén fai os niños aproveitando calquera recuncho dunha casa, maiormente entre os cables ou os tubos.
Dúas características que a identifican e a distingue doutras andoriñas están no rabo, por un lado este non é gallado, senón máis ben cadrado, e presenta unhas manchas brancas que só se ven cando están voando. Isto aprecíase ben nas imaxes seguintes:
Estoutras dúas imaxes amósana voando pero co rabo recollido, polo que non se aprecian as manchas brancas.