martes, 17 de xuño de 2014

3 de xuño

Aínda que colgamos hoxe esta entrada, o avistamento foi feito o 3 de xuño en Quiroga. Desta vez si hai imaxes e abondosas. Trátase da andoriña dos penedos que non viramos ata o de agora, así que... cazada!

67. Andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupetris): aínda que é unha andoriña, fisicamente non é moi semellante á común, aínda que  si o é en canto a comportamento, vede senón como tamén fai os niños aproveitando calquera recuncho dunha casa, maiormente entre os cables ou os tubos.



Dúas características que a identifican e a distingue doutras andoriñas están no rabo, por un lado este non é gallado, senón máis ben cadrado, e presenta unhas manchas brancas que só se ven cando están voando. Isto aprecíase ben nas imaxes seguintes:



Estoutras dúas imaxes amósana voando pero co rabo recollido, polo que non se aprecian as manchas brancas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario