Vimos a azulenta común o sábado 30 de maio ao ladiño da casa arredor das catro e media da tarde. Había unha parella entre as xestas, un deles levaba no pico algo verde que non sabemos distinguir se era verme, herba,... O seu nome científico é Prunella modularis e en castelán coñécese como acentor común.
domingo, 31 de maio de 2015
venres, 29 de maio de 2015
79. Rula común
Avistamos a rula común no monte da Cabana o venres 29 de maio ás 7'15 da tarde. Estaba soíña pousada nun piñeiro. Cos prismáticos puidemos apreciar ben as súas costas apencadas en dourado. O nome científico é Streptopelia turtur e en castelán é a tórtula europea.
78. Papuxa cabecinegra
Ai! Xa sabemos que a foto non é moi boa, pero non hai dúbida. Ademais fartouse de cantar e quedounos claro de todo; como dicía Manu parecía que non daba arrancado! Vímola ao lado da casa, nun carballiño detrás dunhas xestas, o venres 29 de maio a iso das sete da tarde.O seu nome científico Sylvia melanocephala e en castelán coñécese como curruca cabecinegra.
sábado, 23 de maio de 2015
77. Lavandeira verdeal
Vista en Corrubedo na Praia da Ladeira o sábado 23 de maio ás 5'30 da tarde. O seu nome científico é Motacilla flava e en castelán é a lavandera boyera.
76. Mazarico chiador
Avistamos varios exemplares de mazarico chiador na praia da Ladeira en Corrubedo sobre as 4 da tarde do sábado 23 de maio. A marea estaba moi baixa e eles andanban nunhas pedras separadas de nós pola marea. O seu nome científico é Numenius phaeopus e en castelán é o zarapito trinador.
xoves, 21 de maio de 2015
A andar!
Hai que andar! Toca paseo que temos bo tempo e, por fin, un oco libre pola tarde. Como tampocuo gozamos de horas, tiramos xa polo monte da Cabana, con ganas de andar e poucas expectativas de ver paxaros; pero por se acaso imos coa cámara e os prismáticos. E fixemos ben porque os ferreiriños cristados andaban de festa; había moitos, xuntos, e podían distinguirse a simple vista; iso si, seguen inquedos e rebuldeiros pois custou tirarlles unha foto decente; esta que colgamos é a mellor que logramos sacar:
Máis adiante atopamos outros ferreiros, comúns e abelleiros son que logramos identificar a simple vista. Un par de paporrubios reais tamén se nos cruzaron pero liscaron a fume de carozo espantados, sobre todo, polo ruído dunha motoserra.
Achegámonos á avenida das libeliñas e, como non, unhas cantas deixáronse ver. Seguimos sen conseguir clasificalas polo que non podemos dicir como se chama esta preciosidade:
Tamén nos rondou un miñato común, parecía ter "feridas de guerra"; na foto pode verse que lle falta algunha pluma e outras están cortadas, tanto nas ás coma no rabo. Sobrevoounos e, facendo círculos foise afastando de nós. Aquí queda a foto.
Xa cando estabamos chegando a casa, oímos o peto repicando nun piñeiro.

luns, 18 de maio de 2015
75. Vencello común
Vimos este vencello común o luns 18 de maio na Viladesuso, preto da igrexa, sobre as 19'45. O seu nome científico á Apus apus. Estaban voando varios exemplares xuntos.
domingo, 10 de maio de 2015
74. Andoriña de cu branco
Avistamos esta andoriña de cu branco (Delichon urbica) na praia de Vilagarcía de Arousa o domingo 10 de maio sobre as 4 da tarde. Había un bo grupo delas e tiñan os niños nas ventás e nos toldos dun dos edificios que dan á praia. Foi un milagre sacar esta foto voando porque andaban a fume de carozo. En castelán chámanlle avión común.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)