O paseo da tardiña resultou máis longo e frutuoso do esperado. Botamos a andar pensando nos beneficios físicos máis ca na paxarada. E como sempre acompañáronos gabeadores, petos, ferreiros, merlos e a papuxa montesa ou do mato, que temos na foto de arriba. A sorpresa déunola boa un esquío xunto ao depósito da auga. Alí estaba na póla dunha árbore:
Iso si, da boca saía algo grande, pensamos en dentes, barbas,... pero non conseguimos saber que é; nalgún momento parecía que estaba comendo algo. Na seguinte foto vese máis claramente:
Tamén houbo tempo para abrazar a corticeira que está a rentes do camiño. Unha vella amiga cuberta de brión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario