Esta semana rebicimos a visita dun peto real. Non son doados de ver, realmente son moi esquivos; aínda que se lles oe ben, non é habitual velos tranquilamente pousados pois axiña nos oen liscan voando a gran velocidade. Pero este chegou, apousou no cable e estivo alí ata que pasou un coche espantándoo.
Aínda que non foi moito tempo, conseguimos tirarlle unhas fotos desde lonxe; nestas véselle ben a parte de atrás da cabeza vermello.
O seu nome científico é Dendrocopos major e ten varios sinónimos no noso idioma: piquelo ou picapaus son dous deles.
Aparece na nosa literatura como no libro de Hixinio Pontes O bandido Casanova facendo referencia ao seu característico son á hora de picar nos pinos: “Xa principiaban a petar forte nas táboas do teito os gotóns gordos da chuvieira como se unha niñada de petos peteirasen un furado na madeira.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario