mércores, 23 de marzo de 2016

Corvo mariño

Vimos este grupo de corvos mariños no medio do Ulla, en Catoira. Fixámonos neles pola mancha branca no zanco, ao final do corpo.


Trátanse de exemplares en idade reprodutora, de aí a mancha branca que aparece a finais do inverno.


No libro de Luís Rei Núñez, O corvo do chapapote, editado por A Nosa Terra, cítanse: "Que regalía do ceo poder admirar, cando xa a marea chea vos expulsou do areal, todo un bando de cormoráns pousados sobre un petón de preto. Aínda os respectou o chapapote e secan as ás ao vento; un espreguizarse de dez, quince, quizais trinta máxicos minutos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario