Este paxaro que aquí se amosa case indefenso baixo a chuvia é a pega marza (Garrulus glandarius), pero que non nos engane porque ten mala uva. É bastante grandiño e resulta moi vistoso sobre todo por esas plumas azuis das ás. Non parece un córvido polo seu colorido, aínda que como todos eles ten algo negro na plumaxe (xa o di o noso refraneiro: "Non hai pega sen mancha negra"). Destaca o seu pico contundente e forte. Aínda que parece que se alimenta de moitas cousas, podo constatar que tamén, de ter fame, pica no pan mollado. Debía estar criando porque durante todo o día fixo varias viaxes na procura do pan, espantando os pardais.
Desde atrás pódese apreciar mellor o colorido das ás, co azul, marrón, negro e branco. As plumiñas azuis son moi fermosas, miden uns cinco centímetros e teñen unhas listas transversais de cor azul, negro e branco. Na parte superior da cabeza ten outras plumas brancas e negras, que parecen tesas. Como estivo por aquí puidemos sacar bastantes fotos, iso si, con moito coidado pois estaba moi receosa.
Parabéns por esas fotos tan chulas e os comentarios tan asequibles e non esas descricións cietíficas que aburren aos mesmos paxaros. Seguide para coñecer as aves do noso Oeste.
ResponderEliminarGrazas Pili polo comentario; as descrición nin poden nin queren ser científicas. Só se trata de sacar proveito aos paseos.
EliminarParabéns por esas fotos tan chulas e os comentarios tan asequibles e non esas descricións cietíficas que aburren aos mesmos paxaros. Seguide para coñecer as aves do noso Oeste.
ResponderEliminar