Estas imaxes son un claro exemplo de que as andoriñas aniñan no ámbito urbano (unha vez máis no Barco de Valdeorras). Vese o adulto e as crías entre as tuberías dunha casa. Como se pode ver o niño está feito, ou iso parece, de barro, entre os tubos, e aprécianse as dúas crías alí metidiñas.
Queda claro nas imaxes a seu corido e a longura da cola. Resultan moi doadas de identificar tanto estando quietas como voando, pola súa característa forma de facelo que deixa unha silueta precisa.
O seu nome científico é Hirundo rustica.
De todos é coñecida a identificación da andoriña coa primavera, por ser un paxaro migratorio que nos visita, por toda Galicia, nesta estación do ano e queda durante todo o verán. Coa chegada dos tempos fríos volve para a cálida África. No libro Anacos da
nosa cultura, feito polo Equipo de Normalización Lingüística do C P Veleiro do
Campo, aparece esta cantiga:
Están todas as carpazas
co lilailo da súa flor.
¡No corazón das rapazas
nacen cantigas de amor!
Hai leticia verdadeira
nas flores e nas espiñas.
¡Xa chegou a Primavera
no bico das anduriñas!
Tamén hai unha fermosa referencia ás andoriñas no conto "O Pecado" incluído no libro Contos do camiño e da rúa de Ramón Otero Pedrayo:
"A mociña era un verdecer no ermo, un mollo de flores na mesa dun procurador, unha andoriña no patio do cárcere."
"A mociña era un verdecer no ermo, un mollo de flores na mesa dun procurador, unha andoriña no patio do cárcere."
Vaia forma de describir que tiña o grande Pedrayo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario