Parece un corvo mariño real, o máis habitual en toda Galicia, e non só na costa. As dúas primerias fotos foron sacadas no Barco de Valdeorras, velaí van:
Parece que son habituais en zonas do interior onde hai encoros
Estoutra foto é de Catoira, no mesmo río Ulla. Tamén dá fe da súa presenza neste río Anxo Angueira no libro Iria do que xa falei outras veces; deixo este par de citas súas para que poidamos recrearnos na arte da descrición, que a min persoalmente me lembra ao gran Otero Pedrayo:
“E o Iria navega e os corvos do monte pousan
nos brazos das cruces dos afogados e nas cavernas negras, ósos brillantes ó sol
da mañá, dos vellos galeóns enterrados no lameiro. E o Iria navega e unha man de cinco corvos mariños pasa rasante
abeirada ós xuncos e lirios da ribeira adiantando o vello galeón.”
“Unha áxil liña de corvos
mariños, pegada á ribeira de xuncos da Rubia, adianta por couse o galeón
subindo como frecha o río arrentes.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario