O bo tempo anima a achegarse ás praias. O paseo foi pola tarde na praia do Vilar, en Ribeira, que forma parte do complexo dunar de Corrubedo. Esperabamos ver moitas gaivotas distintas, pero non foi así. De todos xeitos vimos tres paxaros novos: a píllara papuda, o corvo mariño cristado e o carrán cristado.
55. Píllara papuda (
Charadrius alexandrinus): vímola paseando pola area, correndo con esas perniñas que a penas tocan a area.
56. Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis): a foto sacámola desde bastante distancia; de feito só soubemos que era o cristado cando a vimos ampliada na pantalla da cámara.Estaba pousado nunha rocha mar adentro.
57. Carrán cristado (
Thalasseus sandvicensis): que traballiño nos levou identificalo!!! As características apuntaban a el (pico negro coa punta acastañada, patas negras, a caluga negra, plumaxe branca e algo agrisallada...) pero faltaba o fundamental: a crista de punta. Despois de ver outras imaxes na rede e nalgún que outro libro descubrimos que a crista erguida non acaba de ser determinante, polo menos mentres voan na procura de alimento. Resulta impresionante como se tiran á auga desde certa altura, deixando unha pequena chapuzadura constatadora da súa inmersión.
Detalle das patas negras
Había varios exemplares pescando
Ningún comentario:
Publicar un comentario