O mariño peixeiro (
Alcedo atthis) é un paxaro cun colorido espectacular que o fai moi doado de identificar. Lembro a alguén que dicía que vira un colibrí no río Lérez, pero máis ben sería un martiño, non credes? É moi habilidoso e rápido, polo que o máis habitual é ver unha mancha azul e laranxa voando a rentes do río. Evidentemente resulta difícil tirarlle unha foto; precísase de moita paciencia e horas de espera; ou dunha gran casualidade, que foi o que nos pasou o primeiro día deste 2014 na ría de Pontedeume.
Fixemos avistamentos del no Barco de Valdeorras e en Pontedeume, pero é unha especie que podemos atopar en calquera punto de Galicia, sempre a carón dun río ou outro lugar con auga abundante e peixes.
En todas as fotos sae voando. Non logramos velo pousado na póla dunha árbore.
A calidade non é moi boa, pois collémolo sempre voando desde lonxe.
É doado percibir o seu colorido aínda desde a distancia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario