Xa é o segundo ano que o vemos o día 1 de xaneiro e vai camiño de converterse en tradición. Non é un paxaro moi común e ademais é bastante esquivo. Pasa moi rápido e é tan pequeno que case non se ve. Agora xa identificamos o canto e iso fai que esteamos alerta. Precisamente o canto foi o que provocou que chegásemos a velo, a foto aí queda para demostrar a rapidez e maña de Manu.
O nome científico é Alcedo Atthis.
O máis rechamante del son as cores, evidentemente. O máis normal é velo pasar voando baixo, a ras da auga, pero tamén, con paciencia pode verse enriba dun pau ou dunha ponla enriba da auga.
Tamén o temos en Catoira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario