Vimos a estreliña xa o día 1 de xaneiro en Pontedeume. Estaba nunha árbore do paseo marítimo revoando inqueda e nerviosa. Foi moi complicado facer unha boa foto. É moi doada de recoñecer pola mancha alaranxada do curuto da cabeza e polas tres raias na cara: unha cruzándolle o ollo ata o pico, as outras dúas, unha por arriba separando a cara branca da caluga laranxa e a outra por abaixo. A cor laranxa do macho convérterse en amarela na femia.
O nome científico é Regulus ignicapilla e en castelán coñécese como reyezuelo listado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario