Este paxaro tamén ten cabida na nosa literatura. Como exemplo este fragmento de Anxo Angueira pertencente ao seu libro Iria, no que fai referencia ao seu voo:
“O topógrafo recolle a trepia do taquígrafo, o
rapaz a regra de dous cincuenta, e regresan á horta de Cabo cara ó campo da
Torre. O rapaz axudante enreda ollando o voo sincopado da bubela. Soa o aviso
da corneta dos barrenistas."
Tamén a nosa fraseoloxía recolle ditos sobre este animal, e todos fan referencia a certa peculiaridade que non sei se é certa nas bubelas; así "ser unha bubela" e ser unha persoa pouco seria; e "ter cabeza de bubela" é ter pouco siso, é dicir, ser un pouco aloucado. Ben, eu estas bubelas vinas serias e recatadas, pero nunca se sabe porque a sabedoría popular tende a ser moi atinada, vaites, non ten cabeza de bubela!
Ningún comentario:
Publicar un comentario