Tarde de paseo polas marxes do Ulla, sen saír de Catoira. Dos poucos animais que observamos foi o paporrubio o que máis se deixou ver e oír. Que se na póla dunha árbore, que se na beira do camiño, que se nunha pedra entre os xuncos,... buscaba caloriña para o seu peito vermello que brillaba rechamante á luz do sol.
Imaxe do muíño de marea que temos en Catoira.