domingo, 4 de febreiro de 2018

Galiñola negra

Fulica atra, ese é o seu nome científico. Para nós é a galiñola negra común; unha ave case común no noso territorio e sedentaria. Hoxe vímolas na lagoa de Valga; había uns seis exemplares que xa acolleron costumes doutras aves, pois axiña viron xente tirándolles pan aos cisnes foron a fume de carozo; pero, iso si, achegáronse con prudencia, respectando o espazo dos cisnes. 
Aliméntanse de herbas e plantas acuáticas, pero dámos fe de que non lle fan ascos ao pan mollado!




 Non é doado atopar referencias literarias sobre elas, pero Manuel Murguía lembrouse delas no seu libro Dende o ceo, editado pola desaparecida A Nosa Terra:


“… E as gaivotas, que ao chegar o mes de setembro visitan aquelas praias que abandonan as andoriñas;
E as galiñolas; “



Na lagoa andaban entre os patos e os cisnes, pero son máis de ir ao seu e polo seu lado. De feito unha meteuse entre un grupo de lavancos e estes fórona botando de alí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario