Xa hai tempo que as mimosas decoran os
nosos montes. Pequenos soles que iluminan o escuro verde do inverno nas nosas
árbores. Cor, moleza, fragrancia,...
A esperanza do sol que xa vén en camiño, o verán no
medio do inverno; como un arco da vella que avisa que todo ten un remate. Velaí
as mimosas.
Os poetas tamén caen rendidos aos seus pés
como Gonzalo Hermo no seu libro Celebración, no poema Musgo#1:
"Penso na mimosa,
na flor da acacia que agroma na
invernada".
Tíngueno todo, o camiño e a estrada, cunha
alfombra delicada na que se reflicte, cal espello, o ouro das súas flores. Como o camiño que Dorothy debe seguir para chegar á cidade Esmeralda e ver así o mago de Oz.
Son foráneas, de Australia, como o eucalipto, pero esta cultivámola como ornamental, aínda que cada vez se está espallando máis polos montes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario