Arde o leste de Galicia, as lapas non respectan nin o impoñente Caurel, nin as fronteiras, nin as aldeas, nin o gando.
Unha labarada ben alimentada con calor, vento e seca pode con todo.
Esta noite prendeu en min unha chispa. A leña quedou na alma a tarde anterior, era unha pouca faísca de piñeiro insignificante que adurmiñou canda min. A moxena acendeuna e a fogueira aumentou e distorsionou na fase rem. Espertei torpemente e fun ciscando charamuscas sen decatarme. Ao mediodía o lume converteuse en incendio descontrolado, alimentado por dúbidas, lembranzas e medos.
Non pensaba chamar pola chuvia nin polos bombeiros.
Ás veces esmorece só.
Se deixo de alimentalo.
É complicado non dar de comer a un famento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario