martes, 17 de febreiro de 2026

Amarelo







Despois de semanas co ceo cuberto de espesas e escuras nubes, apareceu unha raiola de sol. Foi un intre no que un feixe de luz amarela tinguiu o meu mundo. Esa calor chamou na porta dos narcisos ananos e das fresias, que se abriron e asomaron por ver o sol.
Na casa tamén entrou, coándose entre os muros de pedra e as xanelas pequenas. E floreceron para saudar as orquídeas.
A terra nunca se anega. A auga encharca, fecunda e flúe. Só unha ollada quente e dourada obra o milagre, e nace a vida. Hoxe amarela, pois ata a verde herba aclarou, como se empezase o outono, para reflectir, cal espello, a prezada estrela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario