Imaxe de Pixabay
Ando algo toupa estes días.
Un pouco batendo contra paredes de aire e pedras de po.
Un polo descabezado.
Unha folla levada polo vento.
Será a tola primavera que xa se achega a furto? Será o traballo que cae pinga sobre pinga sempre no mesmo milímetro cadrado da pel? Ou a cochinilla que teima en volver a ponsetia? Ou as reixas construídas con paredes de auga que me reteñen? Quizais a imposibilidade de ver as estrelas durante tanto tempo?
Serán os dous últimos anos que aínda me sobrevoan?
Amo e temo a primavera.

Ningún comentario:
Publicar un comentario