Unha nave espacial diríxese á Lúa. Está plena de luz e o luar tingue a Terra pola ledicia da visita.
Quen puidese viaxar ata alá e contemplar a casa azul e verde, mentres, lixeira pola ingravidez, sen o lastre deste mundo, se percibe a infimidade -palabra nova- de seu.
Que vertixe as voltas ao satélite! Luz, sombra, Terra, espazo, Sol, nada.
Subiría si, impulsada por unha labarada ardente de gas nos pés, para ver o percorrido da Terra, cos seus amenceres, -rosas ou azuis?-.
E como ver o propio corpo desde un plano superior, xa exento da alma.

Ningún comentario:
Publicar un comentario