Unha tea, unha planta e a luz tinguen o salón de vermello. É unha metáfora. O latexo, o pálpito desta vida sucede, tamén no pasado, neste cuarto.
O sangue empurra a vida.
A paixón, sen afán de rima, mira de esguello unha hipertensión.
A rosa, non o pretende, encerra perfección.
Corre o sangue neste recuncho.
Foi unha hemorraxia outrora, xa non.
O torniquete segue premendo a femoral para conter o dioivo.
Cor primaria facedora.
É o vermello un dos deuses da tríade. Crea e incita.
Poderoso vermello.


