Comín demasiado chocolate negro con améndoas. Cando pasa isto, o estómago empeza a incharse unha hora despois. Pásame o mesmo coas noces. A gulosidade págase, non só en forma de calorías. Polo menos a miña mente non me bota en cara o tema de engordar, pero o cácabo é máis perverso, e énchese de chumbo para amolarme.
E bebo. E ando. Subo e baixo. Infusiónome de macela e outras herbas dixestivas. E aínda así, cada vez que abro a porta da neveira, miro de reollo o papel de prata que sobresae do lateral da porta.
A tentación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario