luns, 6 de outubro de 2025

Urano, Google e Manu

Unha lumbalxia. Un herpes. Sinusite. Unha afonía. Picadas de insecto rabioso. Outra lumbalxia. Vou ter que pensar que ese horóscopo ten razón. Nunca lles fago caso pero de cando en vez, se cae nas miñas mans, léoo por ver en que porcentaxe atina. E o deste mes dicía que tivese coidado con "Urano retrógrado". Non sei en que afecta esta combinación astral pero veu a por min.

Dime Google que afecta ao desexo de cambio e liberdade... pero eu non quero nada diso, só procuro paz no meu corpo, que pica e doe.

Vai ser o que di Manu: cambio de estación, isobaras tolas polos cambios de presión, defensas baixas, o que conleva febleza fisica e debilidade emocional.

Coma sempre voume lanzar á evidencia e deixarme de paxaradas estelares. Que se perciba Urano algo descolacado desde a nosa perspectiva, non semella que afecte ao meu lombo, nin á gorxa, nin a ese malnacido insecto que se paseou polo meu escote de noite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario