Quiroga. Ás cinco da tarde sacáronse estas fotos:
49. Piquelo azul (Sitta europaea): gabeador hábil e contorsionista; as imaxes ilustran como lles gustan adoptar múltiples posturas, sen ningún inconveniente en moverse en calquera dirección:
50. Rula turca (Streptopelia decaocto): xa a viramos moitas veces pero sen sacar foto. Agora xa a podemos amosar.
51. Andoriña común (Hirundo rustica): xa chegaron as andoriñas, así que media primavera está aquí. Falta o cuco! Aínda que na foto non se ven moi claras as súas características, dámos fe de que era esta especie xa que a vimos perfectamente. De todos xeitos, neste blog hai unha entrada para as andoriñas con imaxes nas que se observan perfectamente os seus trazos definitorios.
52. Miñato real (Milvus milvus): aínda que as imaxes non son moi claras, decantámonos polo miñato real pola cola máis gallada ca do miñato queimado e pola súa cor (aínda que na foto non se aprecia, si a vimos en directo) máis avermellada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario