Curto paseo polo paseo fluvial de Caldas de Reis. Sobre as 16'30 nun momento de descanso da chuvia. Pouco durou, en menos de media hora comezou a chover. Pero deunos tempo a avistar dous paxaros; máis ben tres, aínda que non podemos confirmar se o primeiro que vimos era ou non carrizo común, así que, ao non estar seguros, non o contabilizamos.
37. Pombo torcaz (Columba palumbus): alí estaba el só enriba dunha árbore, tan pancho.
38. Merlo rieiro (Cinclus cinclus): tamén estaba el só; primeiro avistámolo nunha pedra no medio do río pero axiña voou ao pé dunha árbore metida no río por mor da enchente. Alí foi onde mellor o fotografamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario