mércores, 3 de decembro de 2014
30 de novembro
Esta pica dos prados é o último avistamento polo de agora que axiña contabilizamos:
87. Pica dos prados (Anthus pratensis). Ollámola o domingo 30 nas beiras do Ulla, xusto entre Bamio e Catoira e non saberiamos dicir en cal dos dous concellos estaba nese intre. Eran as 4'30 dunha tarde agradable e coa marea baixa. Estaba escorrentando un rabirrubio femia da súa pedra.
Deixamos os dous paxaros discutindo porque saímos a fume de carozo a ver A esmorga no cine. Bestial! Tres enormes actores saíndo da pantalla para levarnos con eles á vella Auria; canda eles bebemos caña, mollámonos, rimos, choramos de rabia... Unha mágoa que Blanco Amor non puidese vela!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario