Andaban as andoriñas comúns por Pontedeume celebrando o verán. Vese que tiñan sede porque se achegaban á auga cun voo rasante, bicábana e remontaban de novo. O seu nome científico é Hirundo rustica, pasa o inverno en África e o verán por toda Europa.
Na nosa literatura abundan as andoriñas; Uxío Novoneyra por exemplo, no seu libro Os eidos menciónaas neste poema escuro:
OLLO o
ceo mouro cun medo antergo.
Torna a
abella ó trobo.
A
andoriña cingue o voo.
Van as
nebras do trono nun son agoreiro.
Pero xa Manuel Murguía en Dende o ceo, editado por A Nosa Terra, se lembra delas neste fragmento:
“Algunhas pombas que viven naquel retirado
lugar, e as andoriñas teñen ao mesmo tempo o seu niño e unha atmosfera onde
revoan asustadas polos ladridos dos cans, gardiáns do bosque e do claustro
mesmo.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario