Tamén no concello de Muxía, preto de Lires, cruzóusenos unha bubela común por diante do coche. Foi o venres 31 de xullo á tarde. Obrigounos a parar a coche e esperar a súa volta. E volveu. O seu nome científico é
Upupa epops, e en castelán é a abubilla.
Ola, acabamos de vir vivir para esta zona das Rías Baixas hai uns meses e, encantados coa natureza que nos arrodea decidimos facer eu e máis o meu cativo de seis anos un bestiario con animais da horta. o primeiro que nos abraiou foi ver dúas parellas de bubelas (quizais pais e fillos). buscamos información na rede e atopamos esta marabillosa páxina. Moitas grazas por toda a información.
ResponderEliminarah. aporto un dito que dicían antes sobre a bubela:
ave que vuela a la cazuela,
todas menos la bubela.
xa ves que está en castrapo, tal como se fala por aquí. un saúdo.
Grazas polo comentario! O dito queda recollido e incorporarémolo na próxima entrada da bubela, en castrapo e todo. E que fermosa iniciativa a do bestiario. Benvidos á Arousa, terra amable e vizosa. Aquí estamos, en Catoira, para o que necesitedes!
ResponderEliminar