Navego.
Non me impulsa o vento, nin a melancolía.
Unha mestura de sal e cloro empapa as velas.
Agora pairo. Naufrago.
Sen vendaval nin marexada.
Mar salgada que me rodea.
Recoñezo a paisaxe de vertixe. Sei moverme por aquí.
Preparo a derrota. A contravento.
Leo as cartas náuticas pasando a xema dos dedos por elas.
Bordeo illas e baixos.
E avanzo coa tristura máis pura no profundo dos ollos. Alá atrás, pegada no occipital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario