Onte vivín un momento en que se parou o mundo, agás a chuvia. Tamén ía frío. O paraugas acolleume e durante uns segundos diante de min, a auga caeu silenciosa en vertical, case ingrávida. Do fondo da rúa apareceron unhas raiolas de sol que tinguiron cada gota de dourado. Choveu, coma neve, arredor de min.
Desde debaixo do paraugas vin como todo se detivo, escoitei o silencio, sentín calor na mañá xélida e paz no ventre e na aorta.
Espectáculo de balde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario