De novo setembro empeza como unha festa, con fogos de luces nocturnos. Onte o anoitecer queimaba, ardía entre as nubes. Previamente un arco da vella, grande, coas cores ben marcadas indicaba o camiño do tesouro e lembrábanos que nunca choveu que non escampara. Non teño foto del, non no móbil, pero si na retina. A base era inmensa, rechamante; logo desaparecía para amosarse uns metros despois de novo, xa completo. Pero como todo, depende da perspectiva. Desde a estrada pola que ía, víao ao lado da casa, pero cando cheguei xa non estaba.
A perspectiva éo todo. O que para alguén parece, para outros non é, e para outros está clarísimo que é. Como di un refrán africano, hai tres verdades: a túa, a miña e a verdade. A mesma realidade é vista desde tres cristais diferentes. Cantos problemas tivo a humanidade pola perspectiva das cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario