Onte pola noite puidemos ver os restos da lúa azul. Cada dous anos sucede que hai dúas lúas cheas no mesmo mes; a azul é a segunda delas.
Un esplendoroso espectáculo de balde, para observar ao raso na noite de setembro. O movemento das nubes provocaba distintas perspectivas. Unha auténtica gozada. Un luar que tinguiu de neve o Menlle, a estrada, os amieiros. Un luar que iluminou a noite. Un pequeno sol de prata.
Ningún comentario:
Publicar un comentario