Unha estrela fugaz é unha sorpresa casual. Miríades de materiais surcan a nada ou o todo. Por unha sorte inesperada, un deles entra na nosa atmofera no intre en que miramos para ese sector do ceo. Como non pedirlle un desexo? Houbo unha conxunción de liñas temporais, espaciais, emocionais, lumínicas, climáticas, físicas... que fixeron posible o milagre.
É preciosa porque é efémera e intensa.
Calo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario