A vida é branca. Non porque sexa pura e inocente, senón porque capta todos as cores da luz. Un camiño de po branco condúcenos polos rueiros. Unha saba que nos acolle co primeiro soplo de aire, un vestido que asumimos como símbolo, unha mortalla ou unha lousa.
A vida é branca porque todo o recolle, como a neve dos chopos ou o salseiro do mar. O lirio, a margarida, mesmo o animal prezado (o merlo, a balea ou o cervo) son brancos.
Brancas son as canas que enmarcan a esclerótica do ollo, a lúnula das unllas, os dentes e a palidez.
Brancos, os papeis que nos ollan desde o pasado e os que asinamos con tinta invisible para mañá.
E a túa mirada sobre o mundo; esta si, pura e inocente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario