Imaxe de Pixabay
Os corpos son fráxiles, recompóñense con tempo e pegamento especial para ósos e arames de sutura para a carne. Vemos a súa fraxilidade cos nosos ollos e os dunha máquina obxectiva que detecta a rotura
As almas son fráxiles. Curan con pequenas doses de alquimia. Os fragmentos da escachadura nln son perceptibles, nin cos ollos humanos nin cos da ciencia.
Se a alquimia funciona, ignoramos se a fractura curou ou en que grao segue aberta. Intuímos, observámonos, sospeitamos... pero non temos a seguranza absoluta.
Vivimos con alquimia. Ás veces cremos que a ferida está pechada e ben pechada. Só comprobamos que a fenda continúa aberta no intre crítico, na dopamina alterada.
Dubidamos da angustia. Quizais sexa un mal día, como o de milleiros de almas. Ou talvez é a ausencia da química... ou a dor da parte amputada. Ou simplemente a cicatriz que doe por unha mala cura.
Cando os fragmentos aínda non están ben unidos, intuímolo porque unha lasca afiada rabuña a alma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario