mércores, 4 de xuño de 2025

Unha estrelamar perdida



Perdín un colgante con forma de estrela de mar. Decateime da súa ausencia tocando o aro no que ía movéndose co meu apuro inexistente. Non lle dei importancia no seu momento. Un obxecto dourado, que non de ouro. Só iso, un obxecto. Tardei uns días en percorrer un dos lugares onde puido caer. E unha semana para ir ao outro. Tiven certo desleixo na súa procura.

Ignoro o motivo dese desapego, porque o merquei por unha razón cando menos estética. Igual que ignoro por que hoxe segue a miña cabeza reclamándoo. 

Quizais o merquei porque reflectía o mar e o verán, as vacacións e a doca. E quero iso, o obxecto que me leve alá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario