domingo, 14 de setembro de 2025

O corazón revirado

Un corazón torto. Un dedo corazón que se xira e ladea na primeira falanxe. É un herdo. É unha evidencia. Outro cambio da fase tres. E sigo mutando. 

O corpo avisa. Picadas como aguillóns de nespra. Agullas enfiadas no tendón que tiran del. Dor verde que non chega a madurar.

Vou recoñecéndome cada día no mapa da pel, nas pólas empenadas, nos ósos que se abaten ante a presión, como arbotantes feridos pola teimuda hedra.

Outra amosega da vida dentro de min. Física xaora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario