.
A choiva prendeu o verde na herba das leiras. O amarelo solar mesturado co azul auguento son a base da cor da vida. E o mundo tornou así, como as lascas que se mesturan co marrón do meu iris. Ata a dor, que consideraba desaparecida, amosouse outra vez, verde
Como a tinta que debe marcar os erros do alumnado, para non traumatizalos.
Como o verderolo que nace no carballo.
A envexa dos trevos.
E o lagarto arnal que se acocha de min entre as silvas.
E as uvas brancas, que son verdes. E o toxo do monte.
E o tinte da paniculata que converte o mármore branco nunha pena esvaída.
Teño dores que non sei cualificar doutro xeito senón verdes. Como a mazá ou a claudia que deixan na boca un aquel acedo e a lingua coa pel de galiña.
Sigo madurando.

Ningún comentario:
Publicar un comentario