venres, 26 de decembro de 2025

Fun ovella



O clima atlántico é o meu, a pesar da chuvia permanente. Séntame ben a temperatura e humidade medias. O frío permíteme vivir; a calor, sobrevivir.
A sopa quente, a cociña acesa e, sobre todo, a la son primordiais.
Debín ser ovella noutro pasado paralelo -se é que algo así existe- porque me gusta estar cuberta de xerseis, chaquetas, calcetíns, ponchos ou bufandas de la. E xa postos, esa vida tranquila que levan, adentando herbiñas no campo mentres pasean sen lobos polos arredores.
No calendario chinés son cabra. Acáeme de marabilla. Un chisco descentrada, con corniños oara trucar o xusto a quen o mereza.
Quizais fun ovella.
Mansa, incrédula, indiferente... cuberta de la de mil cores.
Llama ou guanaco non fun. Nin muflón.
Quizais só son unha humana trasquilada.



Ningún comentario:

Publicar un comentario