domingo, 28 de decembro de 2025

Galaxia VII

Imaxe de Pixabay

A árbore de Nadal acende as súas estrelas no espazo profundo. Forman constelacións -vellas coñecidas da humanidade- dotadas de nome. É a palabra a que fai real o mundo ao noso arredor.

Aí fóra orbitan tantas estrelas, satélites, planetas, buracos negros... que non temos, entre todas as nosas linguas, palabras suficientes para denominalas. Daquela recorremos a unha combinación alfanumérica sen identificación con obxectos, personaxes ou sentimentos. Palabras baleiras que identifican pero non dotan de esencia nin presenza. Os nomes propios só serven para designar o realmente especial.

Milleiros de millóns ou trillóns..., cifra que nunca poderá abarcar a nosa mente, de luceciñas (coma as da árbore) acubillan e quecen vellos mundos que nacen para nós.

Non son máis ca rochas ata que alguén as bautice co seu nome.

Ningún comentario:

Publicar un comentario