Xa pasaban das 12 da noite cando oímos a avelaiona común en dous lugares de Catoira. Preto da casa de turismo rural "O mirlo branco" e ao lado da nosa casa.Non a vimos, cousa difícil pola nouturnidade pero oímola con claridade, así que... cazada!!!
78. Avelaiona común (Strix aluco); emite un son moi característico e doado de identificar. Os lugares onde a oímos están no mesmo concello pero afastados uns cinco quilómetros. En Abalo había unha parella e un deles contestaba ao aoutro.
venres, 29 de agosto de 2014
martes, 19 de agosto de 2014
19 de agosto
Volvemos á praia Ladeira en Corrubedo. Ás catro da tarde dun día soleado e algo ventoso, instalámonos nunhas rochas esperando a presenza de píllaras e pilros e a espera deu resultado. Despois de ver as fotos e logo dunha análise detida (nesta época están mudando e resulta complicado determinar con exactitude a especie) podemos dicir que avistamos tres novos paxariños, así que aí van:
75. Píllara real (Charadrius hiaticula), inconfundible co anteface e o colar negros e mais o pico amarelo coa punta negra. Como se pode apreciar había varios exemplares alimentándose.
76. Pilriño patimouro (Calidris minuta): pequeno non, minúsculo.

77. Pilro bulebule (Calidris alba): chamounos a atención pola plumaxe tan clara.
luns, 18 de agosto de 2014
Verderolo común
Bonito paxaro! O macho é dunha cor verde escura amarelenta. As ás e o rabo teñen plumas amarelas nos extremos. Ten manchas grises nas ás e na cara. O pico, como se pode apreciar, é curto e groso. O canto, segundo os expertos, lembra o do canario. Aparece por toda Galicia durante todo o ano.Vímolo en Catoira estes días na estrada de Santa Baia cara a Estación, preto do bar Chispa.
O seu nome científico é Carduelis chloris e en castelán chámanlle "verderón" e "verderol".
18 de agosto
Praia do Vilar en Corrubedo. Mentres paseabamos, a iso das cinco da tarde, cruzámonos cunha gaivota arxéntea polo areal. Ía algo espeluxada, soa, e ollándoa detidamente vénselle as patas rosadas, o anel ocular amarelo e un tamaño mediano pero lixeiramente maior cá escura. Contabilizámola xa que logo:
74. Gaivota arxéntea (Larus argentatus), deixamos como mostra a imaxe seguinte:
74. Gaivota arxéntea (Larus argentatus), deixamos como mostra a imaxe seguinte:
venres, 15 de agosto de 2014
Xirín común
Vistoso e moi alegre. Este paxaro é moi común en Galicia e en Catoira tamén abunda. É moi cantareiro e de vez en canto espértanos pola mañán cun recital. Na seguinte imaxe collémolo cantando mentres está tranquilamente pousado nun cable.
O seu nome científico é Serinus serinus e en castalén coñécese como verdecillo.
Como se aprecia a cor chama rapidamente a atención: un amarelo verdoso riscado de gris nalgunhas zonas que é imposible non ver.
Gústalles moito pousar enriba dos cables que están ao lado do ciprés no que aniñan.
Esta última imaxe foi tomada no Barco de Valdeorras. Nela apréciase a diferenza entre o macho e a femia. Ela sempre máis apagada de cores ca el. O peito do macho brilla ben de amarelo.
O seu nome científico é Serinus serinus e en castalén coñécese como verdecillo.
venres, 8 de agosto de 2014
Pardal común
É quizais o paxaro máis común. Quen non viu un pardal? Andan sobre todo moi preto dos humanos, viven con nós coma se dun can se tratase, de feito o seu nome científico alude a esta característica (passer domesticus). Nós témolos aniñando no tellado do veciño e baixan de cando en vez a roubarlles a comida aos gatos.
O macho ten a parte superior da caluga de cor agrisallada, mentres que a zona dianteira da gorxa é negra; o resto é acastañado con matices nas ás e no corpo; unha característica súa é unha raia branca nas ás. A femia é máis apagada có macho, máis parda en xeral, sen a mancha negra na gorxa nin a gris na caluga. Na seguinte foto vense ben os dous exemplares e as diferenzas entre eles.
Todas as fotos están sacadas en Catoira, pero o pardal común pode avistarse en toda Galicia e España. A fraseoloxía popular galega dá conta deste animal; a expresión "falarlle ao pardal" significa compracer moito a alguén.
E, como non, a literatura tamén se ocupa deles. É demasiado común e coñecido para nós como para telo en conta nos nosos textos. En castelán deixamos este fermoso fragmento do capítulo 63 (titulado "Gorriones") de Platero y yo de Juan Ramón Jiménez:

Hai varias especies que se poden ver en Galicia, aínda que o común é o único que logramos ver. O orelleiro pode aparecer en case toda Galicia, mentres que o chiador, o mouro e o alibranco son moi raros.
Todas as fotos están sacadas en Catoira, pero o pardal común pode avistarse en toda Galicia e España. A fraseoloxía popular galega dá conta deste animal; a expresión "falarlle ao pardal" significa compracer moito a alguén.
E, como non, a literatura tamén se ocupa deles. É demasiado común e coñecido para nós como para telo en conta nos nosos textos. En castelán deixamos este fermoso fragmento do capítulo 63 (titulado "Gorriones") de Platero y yo de Juan Ramón Jiménez:
"La mañana de Santiago está nublada de
blanco y gris, como guardada en algodón. Todos se han ido a misa. Nos hemos
quedado en el jardín los gorriones, Platero y yo.
¡Los gorriones! Bajo las redondas nubes,
que, a veces, llueven unas gotas finas, ¡cómo entran y salen en la enredadera,
cómo chillan, cómo se cogen de los picos! Esta cae sobre una rama, se va y la
deja temblando; el otro se bebe un poquito de cielo en un charquillo del brocal
del pozo; aquel ha saltado al tejadillo del alpendre, lleno de flores casi
secas, que el día pardo aviva.
(...)
Viajan sin dinero y sin maletas; mudan
de casa cuando se les antoja; presumen un arroyo, presienten una fronda, y sólo
tienen que abrir sus alas para conseguir la felicidad; no saben de lunes ni de
sábados; se bañan en todas partes, a cada momento; aman el amor sin nombre, la
amada universal."
O noso Ramón Cabanillas tamén os ten presente en No desterro no poema "Na riberia" do que deixamos a estrofa correspondente:
Coa camisa de fóra e as cirolas
rachadas, en romance brincadeira
como pardales soltos na paneira,
pasan os rapaciños das escolas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)