Como se aprecia a cor chama rapidamente a atención: un amarelo verdoso riscado de gris nalgunhas zonas que é imposible non ver.
Gústalles moito pousar enriba dos cables que están ao lado do ciprés no que aniñan.
Esta última imaxe foi tomada no Barco de Valdeorras. Nela apréciase a diferenza entre o macho e a femia. Ela sempre máis apagada de cores ca el. O peito do macho brilla ben de amarelo.
O seu nome científico é Serinus serinus e en castalén coñécese como verdecillo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario