martes, 19 de agosto de 2014

19 de agosto

Volvemos á praia Ladeira en Corrubedo. Ás catro da tarde dun día soleado e algo ventoso, instalámonos nunhas rochas esperando a presenza de píllaras e pilros e a espera deu resultado. Despois de ver as fotos e logo dunha análise detida (nesta época están mudando e resulta complicado determinar con exactitude a especie) podemos dicir que avistamos tres novos paxariños, así que aí van:

75. Píllara real (Charadrius hiaticula), inconfundible co anteface e o colar negros e mais o pico amarelo coa punta negra. Como se pode apreciar había varios exemplares alimentándose.


76. Pilriño patimouro  (Calidris minuta): pequeno non, minúsculo.


77. Pilro bulebule (Calidris alba): chamounos a atención pola plumaxe tan clara. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario