luns, 18 de agosto de 2014

Verderolo común


Bonito paxaro! O macho é dunha cor verde escura amarelenta. As ás e o rabo teñen plumas amarelas nos extremos. Ten manchas grises nas ás e na cara. O pico, como se pode apreciar, é curto e groso. O canto, segundo os expertos, lembra o do canario. Aparece por toda Galicia durante todo o ano.Vímolo en Catoira estes días na estrada de Santa Baia cara a Estación, preto do bar Chispa.


O seu nome científico é Carduelis chloris e en castelán chámanlle "verderón" e "verderol".

Ningún comentario:

Publicar un comentario