venres, 29 de agosto de 2014

25 de agosto

Xa pasaban das 12 da noite cando oímos a avelaiona común en dous lugares de Catoira. Preto da casa de turismo rural "O mirlo branco" e ao lado da nosa casa.Non a vimos, cousa difícil pola nouturnidade pero oímola con claridade, así que... cazada!!!

78. Avelaiona común (Strix aluco); emite un son moi característico e doado de identificar. Os lugares onde a oímos están no mesmo concello pero afastados uns cinco quilómetros. En Abalo había unha parella e un deles contestaba ao aoutro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario